24 febreiro 2010

Peaxes

Desde a súa ventá ao mundo, un caixeiro de peaxe da autoestrada bota unha ollada ás fraccións de vidas que se cruzan con el acotío. Esas instantáneas compoñen unha colaxe que lle axuda a fuxir da soidade. A partir destes encontros fugaces, ceiba a súa imaxinación e crea un universo ao ritmo da música que sae dos nosos vehículos cando baixamos a xanela para pagar, un planeta movido por anacos de conversas que desaparecen a cen quilómetros por hora. Desde a cabina, o narrador obsérvanos, temeroso de mergullarse na nosa rutina, mais contento de que rompamos a súa.

Autor: santiago Lopo

3 comentarios:

xela dixo...

O crítico Xosé Manuel Eyré tivo a paciencia de elaborar unha relación completa dos temas musicais que aparecen na novela Peaxes de Santiago Lopo.Se o queres ver entra en http://xmeyre.blogaliza.org/2009/04/01/a-musica-da-peaxe/

Uxia 1ºBach B dixo...

Este libro ó principio faise raro, pero logo cando lle colles o gusto esta moi ben, ademáis é moi curiosa a caracterización dos personaxes. A verdade é que é un libro entretido reconmedóo

Anónimo dixo...

Gustoume por 2 motivos: o primeiro é que está contado dende o punto de vista dun traballador de peaxes, algo que é bastante inusual. O segundo, que o autor non fixo unha trama continua, senón que escribe o libro fragmentado, sen unha cohesión aparente entre os viaxantes que pasan pola peaxe (aos cales o protagonista analiza segundo o coche que utilizan, a música que levan posta na radio e as conversacións que escoita).
é un libro bastante curioso, curto e fácil de ler. Está adaptado a todos os públicos, pero eu recomendaríallo a aquelas persoas ás que lles guste a música dos setenta, oitenta e noventa, xa que entenderán o libro máis profundamente.