24 febreiro 2010

Turbo


Na ría de Arousa desenvólvese a acción de Turbo, entre Vilanova e Cambados, con algunha viaxe do protagonista a Compostela. O mundo do contrabando, o tráfico de influencias na política galega e, sobre todo, unha patética historia de amor e frustracións entre un ex-cura e unha rapaza nova, son os elementos sobre os que se sostén a historia de Miguel Suárez Abel.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Outro libro que tamen esta moi ben é Soidades de Ana de Jordi Sierra i Fabra, de feito recoméndollelo a mozos e mozas xa que fai reflexionar sobre as consecuencias dos nosos actos. Ana un rapaza de tan só 15 anos queda embarazada, por tentar evitar o "que dirán" dos veciños da súa vila, e os berros, castigos e reproches dos seus pais decide abortar nunha clínica clandestina o que acaba coa súa vida xa que morre no acto por unha emorraxia. Neste momento e cando entra en acción Victoria, a súa irmá, que tras enterarse da morte da súa irmá colle un voo de avión(reside en Londres) para asistir ao funeral. Victoria remata comberténdose na detective da historia para coñecer ao suposto verdadeiro asasino da súa irmá, a este conflicto principal engandiránselle outros, combertendo este libro nun verdadeiro atractivo para os xóvenes.