Lucía, a piques de iniciar os estudos de xornalismo, vai rememorando nunha viaxe en tren a súa relación con Soa, unha esmoleira a quen coñeceu cando pretendía deter unha vaga de insolidariedade cos indixentes que se produce no seu barrio. Illa Soidade é unha novela iniciática que nos descobre unha vida marcada pola paixón e a soidade, con reflexións sobre a autonomía persoal e o respecto polo diferente.
Autora: An Alfaya
Autora: An Alfaya
1 comentario:
O libro de Illa Soidade reflicte moi ben a situación á que se ven sometidos os indixentes. O desprezo quee teñen que soportar por parte da xente. Soa, unha indixente que se atopa sempre no mesmo banco da mesma praza tódolos días, é unha indixente máis. Lucía, que a ve dende hai un tempo dende a súa casa, sente curiosidade por ela e polos demáis indixentes da praza. Pouco a pouco irase achegando a ela cunha gravadora para que lle conte as suúas experiencias. Esta curiosidade de Lucía por Soa, é porque quere ser xornalista e coñecer a vida dunha persona indixente é un feito de interese. Soa, chámase así por Soidade. Ela tiña unha parexa, Arturo, que non quería viaxar con ela a París e sentíase moi soa durante os dez anos que duropu o matrimonio. Déixanse e ela vaise a París. Alí, namorase dun francés que era artista, pero este marcha e non regresa, ela espérao até que o seu presuposto esgótase. Logo vaise instalar á praza e empeza a coller máis e máis confianza en Lucía, á que chaman a "Mirona".
Publicar un comentario