15 abril 2010

Areaquenta


O fotógrafo Cristovo do Val, fuxindo da dolorosa experiencia do desamor, mergúllase nas desoladas ruelas de Areaquente, un páramo baleiro, devorado pola seca e polas tormentas de area; A través dunha historia de amores cruzados entre os personaxes, lévanos a decatarnos de que todo é arrastrado cara á nada, cara ao lado escuro dese espazo que se transformou en luz. Precisamente será con esa luz coa que debuxe imaxes Cristovo do Val, eterno buscador de fotos con cheiro.
Autora: An Alfaya

1 comentario:

Anónimo dixo...

este libro está moi ben!!
a súa finalidade, obviamente, é entreter pero creo que ó mesmo tempo que te divirtes e entretés lendo podes aprender algunhas leccións que che dá a vida...Este libro pon de manifesto un pensamento que moita xente comparte: as persoas, aínda que morran bioloxicamente, non morrerán totalmente mentras haxa alguén que pense neles.
Recoméndovolo!