O fotógrafo Cristovo do Val, fuxindo da dolorosa experiencia do desamor, mergúllase nas desoladas ruelas de Areaquente, un páramo baleiro, devorado pola seca e polas tormentas de area; A través dunha historia de amores cruzados entre os personaxes, lévanos a decatarnos de que todo é arrastrado cara á nada, cara ao lado escuro dese espazo que se transformou en luz. Precisamente será con esa luz coa que debuxe imaxes Cristovo do Val, eterno buscador de fotos con cheiro.
Autora: An Alfaya
Autora: An Alfaya
2 comentarios:
este libro está moi ben!!
a súa finalidade, obviamente, é entreter pero creo que ó mesmo tempo que te divirtes e entretés lendo podes aprender algunhas leccións que che dá a vida...Este libro pon de manifesto un pensamento que moita xente comparte: as persoas, aínda que morran bioloxicamente, non morrerán totalmente mentras haxa alguén que pense neles.
Recoméndovolo!
Gustoume, pero pareceume un libro extrano.
Por un lado aborda problemas reais como namorarse e non ser correspondido, con personaxes que sofren todos eles unha profunda soidade e amargura. A causa deste sufrimento toman decisións que van marcar o resto da súa vida (Doval deixa o traballo, Bernarda foxe ao páramo, Inés deixa a Doval, Cao suicídase, Ximena exerce de prostituta coma súa nai...).
Por outro lado a narración: ás veces non se sabe se é real ou froito dun soño (falan e ven mortos, e mesmo os defuntos se levantan a tender a roupa) e se temos en conta o final, este non é moi revelador. Dende o comezo do libro temos a intriga de quen son os ollos que observan dende a ventá da casoupa de páramo. O libro remata e eses ollos seguen a ser unha incógnita.
Aínda así, merece a pena está lectura.
RECOMÉNDOVOLO👍
Publicar un comentario