20 abril 2010

Morrer en Castrelo de Miño


No ano 1966, o fermoso e produtivo val de Castrelo foi asolagado por Fenosa para construír un encoro, co único fin de acumular enerxía eléctrica para a súa exportación, provocando o éxodo de máis de 8.000 persoas. A loita dos veciños para salvar o val recibiu apoio en todo o país e converteuse nun fito histórico da resistencia contra o caciquismo e a expoliación dos recursos naturais. Por iso, como di o autor, esta novela foi vítima no seu día dunha " conspiración do silencio " .
Autor: Xosé Fernández Ferreiro

1 comentario:

Anónimo dixo...

O libro paréceme bastante interesante porque con el puidemos saber o que realmente aconteceu co encoro de Castrelo de Miño. E sobre todo o seu ámbito rural no que se basa donde conta as tradicións de esa aldea ourensá e a xente común que hoxe mesmo podemos atopar en calquera pobo ou vila da provincia.Gustoume bastante xa que e moi fácil de leer e de entender.