25 novembro 2011

Futuro imperfecto

Futuro imperfecto aborda unha historia nunca contada a xeito na literatura galega, a dos anos da droga como espello libertario dunha xeración, a da autora, que sentiu o alustro dun novo tempo, no transo da ditadura a unha aira aberta onde todo era posíbel e todo estaba por facer. Eses mozos e mozas sofreron ademais, en primeira persoa, os primeiros e máis dramáticos envites do VIH. Apandaron co peor, o oprobio social, a vergoña, o descoñecemento da doenza, a experimentación nos tratamentos…

Autora: Xulia Alonso Díaz. Ed. Xerais

Ningún comentario: