25 novembro 2011

O cidadán do mes

O cidadán do mes:  O punto de partida de  O cidadán do mes é o electrizante encontro entre o detective Horacio Dopico e Sonia Bouzas, unha escultural e voluptuosa muller que busca o seu marido, un vixilante nocturno desaparecido misteriosamente.
Autor: Diego Ameixeiras.
Ed. Xerais

1 comentario:

Anónimo dixo...

O Cidadán Do Mes trátase dunha novela policíaca na que se narra todo o traballo que leva a cabo o detective Horacio Dopico para dar co paradoiro do home de Sonia Bouzas.
A novela engancha e entretén ao lector dende a primeira páxina debido ao seu carácter misterioso. Segundo transcorren os capítulos que a forman, o lector cambia varias veces a súa perspectiva con respecto aos personaxes.
Para quen lle gusten as novelas policíacas, moi bo exemplar.