29 outubro 2013

Investigación 091

 Pepe Carballude.
O tráfico e consumo de drogas en Areal do Conde, suposta vila das Rías Baixas, centran a acción desta novela, que se desenvolve en torno a tres protagonistas: Xavier, alumno de instituto enfermo de hepatite; Manolo Longueira, profesor de inglés que resulta ser un policía e Rosa, telefonista que recaba información para unha reportaxe na revista "Pulso Semanal", na que lle gustaría traballar.

Ningún comentario: