Autora: Ledicia Costas. Ed. Xerais.
Non foi doado para Isla mudar de cidade e empezar de cero nun novo
instituto. Devecía por dar un paseo polo espazo, avistando planetas a
través do telescopio, mergullada no ventre do universo. Casiopea, o nome
da tartaruga máxica de Momo, era o nick que empregaba nos foros sobre
astronomía nos que participaba adoito. Alí coñeceu a Xúpiter, alguén que
semellaba saber moito de estrelas. As longas conversas até ben entrada a
madrugada prenderan unha luz, entre os dous existía unha maxia que
traspasaba as fronteiras do ciberespazo...
Ningún comentario:
Publicar un comentario