A punta de pistola ábrese cunha escena de ritmo trepidante: un
delincuente de pouca monta, coñecido como O Varas, e a súa muller, Rica,
acoden a un Centro de Acollida Familiar para ver os seus fillos, baixo a
tutela dos servizos sociais. Unha vez alí, secuéstranos e lévanos a
punta de pistola. Así comeza unha frenética fuxida. Ao tempo, outra
historia transcorre en paralelo: a dunha camioneira emprendedora, culta e
licenciada, que conduce e escribe nun blog. A camioneira, admiradora da
vida da fisterrá Celia Rivas, a primeira muller en conducir un camión,
en 1932, supón un contrapunto máis intimista á desenfreada fuxida que
protagoniza a parella de secuestradores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario