Un
adolescente é enviado pola súa nai dende París a pasar cunha tía unha
boa tempada na vila de Auvers. Durante aqueles días do verán de 1890,
coñecerá a Vincent, un pintor que semella beberse a vida con cada
violenta pincelada sobre o lenzo e do que durante sesenta e nove días se
fará inseparable, acompañándoo no seu deambular polos trigais e na súa
infatigable loita contra os convencionalismos da vida provinciana. Mais o
mozo tamén descubriá o amor, coñecerá algúns misterios sobre o seu
pasado e se enfrontará por vez primeira á morte, o que o obrigará a
tomar unha decisión sobre o futuro que lle agarda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario