Palabras envelenadas é unha crónica dun día trepidante, vivido contra o
reloxo e protagonizado por tres persoas próximas a Bárbara Molina,
desaparecida misteriosa e violentamente cando tiña quince anos. Un enigma que, despois de catro anos sen se resolver, vaise ver sacudido
por novas claves. Unha historia de mentiras, segredos,
enganos e falsas aparencias que pon o dedo na chaga sobre mitos
incuestionables. Un relato arrepiante que disecciona a hipocrisía da sociedade española
moderna. Unha denuncia valente dos abusos sexuais infantís, as súas
devastadoras consecuencias e a súa invisibilidade neste mundo
benpensante noso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario