Trama: O doutor Lázaro Evia vai ao castelo de Bruniwng, convidado polo conde
 James Reingeng. Convidados polo anfitrión, están tamén outros membros 
da nobreza, que despois de pasaren o verán na costa, descansan indo de 
caza, xogando aos naipes e departindo...
No segundo día de estancia, tras escoitarse un disparo no primeiro andar aparece o conde tirado no chan con sangue arredor. 
"Vou comezar a traballar e necesito antes facerlles algunhas 
advertencias, por iso roguei a lord Kelly que os reunise a todos aquí. 
Estou, esa é a miña primeira impresión, diante dun caso complexo, e 
preciso da súa axuda para ver de esclarecelo. Agora ben, en sendo todos 
vostedes para min persoas merecentes do maior respecto e consideración, 
véxome no duro transo de ter que lles comunicar que, tendo en conta as 
miñas primeiras pescudas, creo que o asasino se atopa entre os 
presentes..."

 
Ningún comentario:
Publicar un comentario