25 marzo 2014

Faneca Brava



Autor: Manuel Portas. Ed. Xerais

A da prima Concha é, sen dúbida, unha historia singular. Homes singulares na vida, se cadra, hai moitos. Algúns mesmo chegan a ser recoñecidos pola forza desa singularidade. No caso das mulleres –se cadra non, seguro–, o recoñecemento é para moi poucas. A vara de medir non é a mesma. Mais elas están aí, Concha está aí. Só de cando en vez, a vida anónima dalgunha muller coma ela sae á luz e eríxese, grandiosa, na afirmación da súa rebeldía. A familia Pereira, o clan de Concha, alicerzaba a súa identidade na gran mentira da aparencia. Só Fernando foi quen de buscar a verdade da súa curmá. A historia da Faneca Brava non é das que se escriban con pomposas letras maiúsculas, pero é tan real e intrigante que enche ao lector ou lectora do desexo de pescudar toda a verdade sobre esa «ovella negra» dunha familia que a fixo desaparecer da súa existencia.

5 comentarios:

Carlota M.P 1ºBACH-A dixo...

Faneca Brava é, sinceramente, un dos peores libros que lin na miña vida. Baixo un argumento e un eixe temático moi interesante, quédome cunha sensación de ver unha boa idea pero mal desenvolta. O resumo da parte de atrás do libro invítate a ler una historia diferente, que anima ao lector a introducirse na vida da prima Concha. Cando comezas a ler, todo cambia. O que realmente interesa é a prima Concha, pero entre os acontecementos máis importantes da vida desta muller hai demasiados puntos mortos narrados por un personaxe aburrido como é Fernando. Isto provoca aburrimento mentres les e incluso desexar pasar esas partes presentes para poder continuar coa vida de Concha.
A idea do clan familiar paréceme boísima, sobre todo situándose en Galicia e en tempos de Franco, nunha época na que a unidade familiar debía manter un respecto e salientar na vila, como cun muro que impida ver todo o escuro que pasa detrás das súas paredes pero sempre intentando ter una fachada chea de honra. Na miña opinión, é una idea mal traballada. Unha historia lenta e cortada tantas veces que incluso parece que lle meten publicidade.

Non me gusta facer unha crítica tan negativa dun libro, pero “Faneca Brava” é unha novela que non recomendaría, e tampouco me parece un libro que poida ser optativo nun instituto porque creo que o obxectivo principal non o cumpriría: aburriría máis que animar a ler. “Faneca Brava” é, en resumo, unha historia mal contada.

Manuel Paradela 1º BACH-B dixo...

Na miña opinión, a historia é tan real e intrigante que captou toda a miña atención desde a primeira liña, cando di:"En todas as familias hai unha ovella negra", que para min é unha frase moi boa para comezar unha novela.
A obra tamén logrou que empatizara e autoexplorara. O libro gustoume porque penso que está ben traballada e coidadosamente escrita, porén non a converte nunha lectura difícil, senón fluída e rápida a medida que se van desvelando misterios.
Para terminar, o que si que non me gustou da obra é o final, xa que me pareceu moi previsible, e tiña partes aburridas.

Zaira Seara e Andrea Lama 1º BACH-A dixo...

Na nosa opinión ,o libro de Faneca Brava é un libro que anímate moito a seguir lendoo xa que ten una trama moi interesante e fai que teñas intriga por saber o final,que realmente é o principio.
Ao mesmo tempo é un libro con moitas partes innecesarias e irrelevantes para o desenvolvemento da historia dende o meu punto de vista.
Trata da violencia de sexo entre outros temas,e describe a sociedade dunha época un pouco antiga na que a sociedade ten pensamentos diferentes.
A historia é narrada por Fernando,o curmán de Concha,que acabou descubrindo o verdadeiro pasado escuro da súa familia,Os Pereira,debido a una herdanza.
Gustounos moito,recomendariamolo,sobre todo a xente da nosa idade,adolescencia.
A pesar de ser longo,non aborrece,todo o contrario.

Anónimo dixo...

5

Anónimo dixo...

Xiana Veiras e Aldara Mojón 1ºBACH-B
Segundo o noso punto de vista, gustounos e pareceunos un libro moi bo xa que é a realidade e a vida mesma con un fondo que fai que o lector se enganche cada vez que avanza na novela. Tamén trata unha temática que se dá na sociedade actual e conleva a problemas graves coma os abusos sexuais a menores no ámbito familiar, na Igrexa... Por outra banda a hipocresía da sociedade que fai que leve a persoas a situacións moi complicadas como Concha; a protagonista do libro.
É un libro que está moi ben estructurado cunhas partes moi ben definidas nas que o narrador en primeira persoa é Fernando; o curmán de Concha .
Recomendámosllo a calquera persoa xa que vale para calquera idade pero que ten máis influencia nas nosas idades, adolescencia.