A policía de Oregón atopa unha parella de cadáveres
no interior dunha nave industrial abandonada. O home negro está
axeonllado no chan colocando as últimas novidades en primeira liña da
manta. Nelson, o grafiteiro, preparou nun muro da marxe esquerda do río
unha versión manga do retrato de Laura, a moza que practica tres horas
semanais de kung-fu. Ánxela confésalle a Marga que non quere nada que
lle recorde a Xaime, desexa que desapareza da súa cabeza, matar os seus
recordos. O taxista sorpréndese cando le o texto que os dous homes sen
teito escribiron no seu cartón: «o rumor da melancolía é o son dunha
orquestra ao lonxe.»
Dime algo sucio de Diego Ameixeiras é unha novela de intriga que
pretende desvelar o misterio que une as vidas cruzadas de persoas moi
diversas, que buscan atopar un anaco de esperanza nalgunha das fendas da
cidade cero.
Ningún comentario:
Publicar un comentario