09 decembro 2014

Matarte lentamente

Autor: Diego Ameixeiras

Na reunión de preferentistas o avogado explica aos afectados que as participacións preferentes son emisións perpetuas cuxo problema é a falta de liquidez inmediata. Dilles que estamos falando de produtos comercializados de xeito enganoso nun momento no que os bancos, durante os primeiros anos da crise, tentaron reforzar o seu capital indiscriminadamente. «Todo respondeu –continúa–, a unha estratexia planificada. A maioría de vostedes pensou que se lles estaba vendendo un prazo fixo, sen ningún tipo de risco. Pero non foi así». Unha voz crebada interrompe desde a porta ao avogado: «Aquí vai haber sangue.»

1 comentario:

Lucía Rodríguez Carral dixo...

En "Matarte lentamente" desenvólvense varias historias que,a pesar das relacións persoais entre os personaxes, son bastante independentes. Unha parella de anciáns que son víctimas das preferentes e optan por un final tráxico; unha moza que se ve obrigada ao tráfico de drogas para poder sobrevivir; un embarazo accidental nunha adolescente... Ademais, todas as historias abordan temas de actualidade como as violacións, as drogas, a crise e as xa mencionadas preferentes, é dicir, casos que poderían darse na vida cotiá.
Tamén toman moita importancia os personaxes femininos xa que todas as historias xiran en torno ás mulleres:Daniela, Nuria, Claudia e Helena. Porén todos teñen unha forma de actuar comprensible e realista, xa que posiblemente na maioría dos casos actuaríamos da mesma maneira ante os mesmos problemas (con respecto aos abortos, a adopción, o arrepentimento das accións pasadas etc)
Pareceume un libro que mantén a tensión e a incertidume en todo momento, xa que debes prestar atención a todos os pequenos detalles para comprender as historias dos personaxes. Non me gustou o final xa que hay cousas que non se chegan a descubrir: quen era o home do sombreiro do que tanto falaba Óscar? Quen lle mandaba as mensaxes a Nuria? De quen era o sangue que a muller máis respectable do edificio encontra ao principio do libro?