Pablo é un mozo de 15 anos que pasa os últimos días do verán co seu pai
no hospital onde traballa. É unha especie de castigo para que así poida
preparar o exame dunha asignatura suspensa. Durante a súa reclusión
forzosa, descobre uns debuxos sorprendentes pintados nas paredes dunha
cova. Así, a través dos debuxos nun muro, coñecerá a Pep, un rapaz da
súa idade, que viviu, setenta anos atras, recluído tamén, pero por
razóns ben diferente: como prisioneiro republicano durante a Guerra
Civil de España. Unha novela que nos fala da amizade e da arte como
memoria histórica, onde presente e pasado se entrelazan a través duns
sinxelos trazos de carbón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario