20 xaneiro 2015

O Gran Reino


Autor: Eduardo Santiago. Ed. Xerais, Col. Fóra de Xogo.
O narcisismo e a marcada competitividade de Gala, unha rapaza de catorce anos brillante nos estudos e cunha imaxinación portentosa, acaban por condenala ao abandono por parte das súas amigas. Ante esta situación, mergúllase na lectura de forma compulsiva e vai diminuíndo a súa necesidade de inxerir alimentos; dous factores que, unidos, provocan en Gala un afastamento da razón e a convicción de que o reino de Margonia está agardando por ela. Despois de sufrir un episodio grave de saúde, os pais ingrésana nunha unidade somática onde establecerá unha relación moi especial coa psiquiatra Lourdes Regueiro, quen se converterá na súa confidente, na única persoa que terá acceso ao Caderno Vermello de Gala. A doutora deberá descifrar, entón, o enigma da pedra fractal, descrito neste caderno onde aparecen as características dos catro reinos que conforman Margonia.

1 comentario:

Noelia Crespo-1ºBach B dixo...

Este libro está agora na lista das miñas lecturas favoritas.
A historia enganchoume dende o primeiro momento e deixoume enfeitizada.A miña opinión é moi boa,pois este libro mestura ciencia-ficción e problemas adolescentes dun xeito fantástico.
Ao comezo parecía unha historia demasiado prolixa,pero gustoume tanto que o rematei nun suspiro.
Non me aburriu en ningún momento,senón que me mantiña con moita curiosidade o saber que lle pasaría a Gala e ás súas compañeiras de habitación.
Recoméndoo sen ningunha dúbida.