Autoras: Birgit Schlieper e Nina Stahl
Conta a historia dun rapaz de 16 anos ao que lle diagnostican un cancro termial. O protagonista non é capaz de pensar con claridade diante da tremenda
realidade, nin entender por que ten que morrer tan novo con todo o que
lle queda por vivir: ter noiva, o primeiro coche, ir a concertos..., en
definitiva, todo o que calquera adolescente devece por facer. Séntese
furioso, desvalido e enganado pola vida. Todo semella inxusto. Ten que
decidir onde pasar o tempo que lle queda, se seguir no hospital, onde
está rodeado por persoas que comparten o mesmo fado, ou marchar cos seus
pais. Mais coñece a Henene, unha rapaza que está aínda máis enferma ca
el. Así, coa aparición do amor, descobre un posible sentido para o tempo
que lle queda: quere pasalo con Helene.
Ningún comentario:
Publicar un comentario