Autora: Begoña Caamaño consegue propoñer unha ollada diferente sobre o mundo
artúrico e a Terra de Miranda. Son os remorsos e as culpas sentimentos
que nos acompañan toda a vida? Temos acaso dereito a esquecer os danos
causados polas nosas decisións? Con preguntas semellantes, a chegada de
Morgana racha a aparente serenidade coa que Merlín vive na fraga de
Esmelle. Na novela de Begoña Caamaño, a medio irmá e amante de Artur
entra na casa de Miranda en procura de respostas á súa infelicidade. Coa
súa dor e coas lembranzas de Merlín vaise tecendo o fío da memoria ata
descubrir as razóns últimas da ruína de Avalon e da caída de Camelot.
Morgana en Esmelle é unha reflexión en torno á responsabilidade de
asumir as consecuencias non desexadas de cada un dos nosos actos. Un debate sobre a necesidade de adoptar
compromisos incómodos e implicarse nos momentos históricos. Sacrificada
na loita entre dúas concepcións do mundo, Morgana interróganos sobre a
lexitimidade das nosas razóns; mais, acaso a súa condición de vítima
faina máis inocente?
Ningún comentario:
Publicar un comentario