21 xaneiro 2017

Circe ou o pracer do azul

Autora: Begoña Caamaño.
Relata o que nunca se contou da historia de Penélope e Circe. A escritora imaxina outras historias non relatadas por Homero e evita seguir a Ulises para converter as mulleres en protagonistas do relato. Conta a historia dunha muller que leva once anos agardando polo retorno do seu home. Cando ao seu arredor moitas voces suxiren a probable morte do marido, recibe unha carta dunha estraña: unha muller misteriosa que a informa de que o seu home non só non está morto, senón que vive con ela un romance apaixonado. A partir de aí vaise tecendo unha relación epistolar entre as dúas que transcende mesmo a existencia do home; o esposo dunha e amante doutra pasa a ser só un pretexto para continuar coa correspondencia.

2 comentarios:

Alejandro 1° Bach dixo...

Esta obra de Begoña Caamaño ten influencias de temas mitolóxicos e un enfoque feminista. Trata sobre a historia de dúas mulleres cómo personaxes principais,e Ulises e os habitantes de Ea e Itaca cómo personaxes secundarios.
A maioría da historia trata sobre a relación de amizade que empezan a ter as dúas mulleres e a reivindicación do papel e do protagonismo da mulleres.
É unha obra feita para xente con boa imaxinación á hora de ler,para poderse situar ben no espazo e o que vai ocurrindo.
Desta novela só non me gustou o principio,xa que dá moitos datos que despois tes que lembrar. Do resto só podería decir cousas positivas sobre o libro até agora foi unha das obras que máis me enganchou. Recoméndoa.

Saray.R. dixo...

Saray R. 1BACH-B

Circe ou o pracer do azul parte do mito da figura de Ulises e a raíña Penélope.Neste relato Ulises só é un pretexto para contar a historia de Penélope e a estraña amizade que xorde con Circe unha maga que vive unha relación con Ulises .
Para min resulta moi novidoso ler unha historia na que Ulises e o seu regreso da guerra de Troia non sexa máis ca un nexo que a escritora emprega para contar a relación que acaba xurdindo entre a raíña de Ítaca e a amante de Ulises.O que máis destaco da historia e polo que invito a que o resto da xente a lea,é a utilización dun mito clásico para falar sobre temas actuais como o feminismo e a igualdade.
Tamén pon de manifesto o papel que tiñan as mulleres na época.