Nos derradeiros días do ano 1808 Sir John Moore, xefe das
tropas expedicionarias británicas que operaban na península, decide
retirarse á Coruña e embarcar para Inglaterra ante a ameaza de Napoleón,
que o persegue pola meseta á fronte dun temible exército. A retirada de
Sir John Moore foi tan censurada como eloxiada polos seus propios
compatriotas. Sir Jonh Moore morreu na Coruña polas feridas que lle
abriu unha granada de canón na batalla de Elviña, onde, segundo se dixo,
ocupou sempre os postos máis arriscados. Este feito gravouse na memoria
dos galegos, que viron no xeneral inglés o ideal heroe romántico, morto
lonxe da súa terra defendendo unha causa nobre.
2 comentarios:
Este libro gustoume moito xa que ten moito humor e acción
RUBÉN CASTILLO :1 ESO B
Gustoume porque conta da Guerra Napoleónica cun pouco de humor.
Publicar un comentario