30 xaneiro 2017

A retirada de sir John Moore


Autor: Pepe Carreiro.
Nos derradeiros días do ano 1808 Sir John Moore, xefe das tropas expedicionarias británicas que operaban na península, decide retirarse á Coruña e embarcar para Inglaterra ante a ameaza de Napoleón, que o persegue pola meseta á fronte dun temible exército. A retirada de Sir John Moore foi tan censurada como eloxiada polos seus propios compatriotas. Sir Jonh Moore morreu na Coruña polas feridas que lle abriu unha granada de canón na batalla de Elviña, onde, segundo se dixo, ocupou sempre os postos máis arriscados. Este feito gravouse na memoria dos galegos, que viron no xeneral inglés o ideal heroe romántico, morto lonxe da súa terra defendendo unha causa nobre.

2 comentarios:

Rubén castillo dixo...

Este libro gustoume moito xa que ten moito humor e acción
RUBÉN CASTILLO :1 ESO B

Sergio González 1 eso B dixo...

Gustoume porque conta da Guerra Napoleónica cun pouco de humor.