Garrincha foi un futbolista brasileiro medio coxo, ou coxo completo, coa columna
vertebral como unha interrogación. Ninguén pensou nunca que chegaría
gañar o Mundial e ser un dos mellores futbolistas de todos os tempos. A
historia de Garrincha é a que ten sempre en mente o protagonista, Joao, un neno que chega a Galicia procedente
do Brasil, porque os seus pais herdan unha casa e queren ofrecerlle
unha vida con mellor futuro. Deixa atrás as
súas vivencias americanas: as favelas, as excursións ao mato Grosso
co seu avó, os partidos do Botafogo…e terá que asumir a nova
realidade, algo que non vai ser sinxelo. Pelexas, problemas cos
compañeiros, a dificultade de facer amigos non farán doada a
integración.
1 comentario:
Gustoume moito o libro porque o fútbol axuda a Joao a integrarse no seu novo colexio.O futbol une a xente.O libro tamén conta a historia de superación de Garrincha,que era zambo e tiña unha perna máis larga que outra,pero chegou a ser un gran futbolista e gañou un mundial.
Publicar un comentario