Isha
está doída. O comentario dunha compañeira de clase sobre a súa nai, de
pel branca e tan diferente á súa, de cor canela, causoulle un gran
malestar. É diferente ás demais, porque non saíu da barriga da súa nai
actual, senón que saíu do seu corazón. Non dubida do amor que lle
profesan os seus pais, pero o feito de ser adoptada provocou
problemas de relación cos demais. Para calmala, César, o seu pai,
decide contarlle unha vez máis a historia da súa vida na India. Con el,
trasládanse a moza e os lectores a un mundo máxico e de fantasía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario