Neste fermosísimo relato nárranse as aventuras que vive Ulises -coñecido
como Odiseo en Grecia- navegando polo mar Mediterráneo. Enormes
tempestades azoutan a súa nave porque o deus do mar, Poseidón, quérelle
facer mal. Non obstante, protéxeo a deusa da sabedoría, Atenea. Ulises
ten que enfrontarse a un xigante monstruoso dun só ollo, a unha maga que
converte en porcos os seus compañeiros e a moitos outros perigos.
Autora: Rosa Navarro Durán.
Ilustrador: Francesc Rovira
Editorial Rodeira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario