En
primeira persoa preséntasenos “Eu son un can de palleiro, un can de
aldea. Coma quen di, un ninguén. O meu nome non importa. O realmente
importante desta historia é a historia mesma. Unha aventura popularmente
coñecida como A Odisea.” Este comezo, homenaxe a Balbino a as súas Memorias dun neno labrego,
xa nos sitúa no reescritura dun vello relato que anda entre nós desde
os tempos antigos. Pero agora, cambiámoslle a voz -é un can quen nos
conta- e o lugar -xa non damos voltas querendo volver a Itaca senón que
temos a casa no Barbanza. Todo nos é próximo: o Olimpo está no Courel.
Autor: Pere Tobaruela.
Editorial Xerais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario