Porto Balea é unha vila mariñeira na que todos os seus anciáns
habitantes perderon a esperanza. Só Otto, o último home novo da vila,
segue a saír ao mar a diario mentres deixa a Nena, a súa filla e orfa de
nai, ao coidado dos habitantes da vila acantilada. Mais un día Otto non
regresa, tras naufragar nos dominios da Illa das Sereas. Dende entón,
Nena loitará contra a desidia e cansazo dos seus vellos habitantes e con
toda a forza de vontade, o empeño e a valentía que lle collen no seu
corpo miúdo, emprenderá nun bote pequeno unha aventura temeraria e
fantástica para rescatar ao seu pai.
Autora: Érica Esmorís.
Ilustrador: Dani Padrón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario