Na pequena aldea de Devastana, Usha e as súas amizades regresan das
vacacións cos nervios do último curso da primaria, ao final do cal terán
que enfrontarse á temida reválida. Mais axiña a reválida pasa a un
segundo plano, porque na vida hai acontecementos moito máis intrigantes
ca un exame. Para empezar, Deepak non aparece por ningures. A seguir,
Lakshmi deixa de súpeto de ir á escola. Será Usha quen de endereitar as
cousas que semellan revirarse? As amizades vellas e novas, de lonxe e de
preto, terán que axudar a Usha a facer fronte a todo tipo de desafíos.
Autora: María Reimóndez.
Ilustrador: Iván Sende.
Editorial Xerais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario