Maus é a biografía e o
testemuño de Vladek Spiegelman, un xudeu polaco supervivente aos
campos de exterminio Nazis, contado a través do seu fillo Art.,
debuxante de cómic que quere deixar constancia da arrepiante
persecución que sufriron millóns de persoas na Europa de Hitler e
das consecuencias deste sufrimento na vida cotiá das xeracións
posteriores. A grande proeza desta obra é conseguir explicar a
traxedia da Historia –con maiúsculas- mediante a historieta –en
minúsculas e diminutivo. O autor crea unha grella gráfica e
literaria na que interactúan e se entrelazan o pasado e o presente;
dúas proxeccións históricas que se precisan mutuamente. A do
pasado do pai en Polonia, a traxedia familiar de persecución,
fuxidas, dor e morte contada por el mesmo a seu fillo, e a do
presente dos dous visto polos ollos do fillo: a conflitiva relación
emocional entre eles, a alongada sombra da traxedia que afecta aínda
a todos os niveis da vida e, sobre todo, a necesidade de comprender.
Ningún comentario:
Publicar un comentario