12 novembro 2017

Voa, Cascuda!


Autora: Leticia Dotras
Argumento: Narra a historia de tres xeracións de mulleres escrita en formato epistolar. Será a nai a encargada de transmitir esa selección de vivencias, tanto de xeracións anteriores como da propia vida da filla , incluso dende moito antes de nacer , converténdose esta na cerna motriz de todo o relato novelado.

2 comentarios:

Brais 3ºESO dixo...

A min o libro gustoume porque vai contando cousas que lle pasaron á filla da narradora desde pequena ata os vinte e tantos anos.Tamén conta a súa propia vida cando era pequena.Está cheo de sorpresas que non me esperaba e iso fai que me enganche máis.Non me gustou a parte na que se xuntan moitos nomes das distintas familias que van aparecendo na trama e poden crear certas confusións.O final foi moi inesperado e encantoume,pero foi unha pena o do avó...

Olalla, 3º ESO dixo...

Gustoume porque conta toda unha vida de María e a súa filla a través dun diario.Inculcan moitos valores e distintos sentimentos .Expresa que a vida de tempos pasados, moi dura, por exemplo non podian ir sempre ao colexio porque non tiñan nin zapatos nin diñeiro para pagar os mestres.