Cando Xosé Carneiro, coñecido psicanalista e polémico colaborador
televisivo, aparece co peito aberto no seu piso da compostelá rúa
República do Salvador, son dúas as cousas que chaman a atención do
xornalista Aquiles Vega e da profesora Sofía Deneb. A primeira é a
brutalidade, a violencia extrema con que o crime foi levado a cabo. A
segunda, ese detalle que non encaixa na escena: unha estraña peza de
ferro chantada no corazón. En realidade, a de Carneiro non é máis que a
primeira dunha cadea de mortes en serie, unha carreira contra o reloxo
na que Aquiles terá non só que comprender que é o que está pasando,
senón cal é o papel que en toda esta historia xoga un dos nomes máis
importantes da nosa literatura, aquel sempre rodeado de misterio e
escuridade. E, sobre todo, terá que saber quen é Adriano...
Ningún comentario:
Publicar un comentario