Autor: Pedro Feijoo
Poucas cousas cambian a vida dunha persoa. Presenciar un asasinato é
unha delas. A Porta do Sol é unha festa. Risos, barullo. Na praza
ateigada de xente só uns poucos saben o que está a piques de acontecer.
E, aínda así, ningún dos asistentes esquecerá xamais esta tarde de
domingo. Un disparo camuflado no rebumbio, o alcalde botando a man ao
peito antes de caer. Aí está o comezo dunha investigación que nos levará
dous séculos atrás, perseguindo as sombras do barrio vello, escoitando
os silencios dunha cidade chea de preguntas incómodas, rúas de sinais
esquecidos e imaxes que non son o que aparentan. Os mellores segredos
sempre son os que se ocultan aí, nese lugar á vista de todos. Regresan os
personaxes de "Os fillos do mar", a novela que deu a coñecer a Pedro
Feijoo, para enfrontarse a unha das intrigas mellor protexidas na
historia da cidade de Vigo: a da súa fundación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario