O protagonista da novela,
chamado Szymo, queda descrito pola letra dunha canción que el mesmo
escoita por asualidade e na que se acaba por recoñecer:
"Son un negro / a miña pel é branca / e iso gústame / é a diferenza o
que é bonito. / Son un branco / o meu sangue é negro / e iso encántame /
é a diferenza o que é bonito. / Gustaríame / que nos entendésemos no
amor / que nos comprendésemos no amor e na paz. / A vida será fermosa /
cadaquén poderá ter o seu amor / a vida será fermosa". Todos somos
diferentes ou todos somos iguais? Esa é a pregunta sobre a que se
artella unha historia que intenta reformular a ficción da "diferenza"
contrapoñéndoa á igualdade proclamada nos inicios da Idade Moderna pola
Ilustración e a Revolución Francesa (a Europa actual). Núñez Singala
escribe unha novela de iniciación situada na África poscolonial: a
peripecia do protagonista, que busca a liberdade e o fai a través dunha
viaxe iniciática, é o motivo que se desenvolve e mediante o cal o autor
expón unha versión posmoderna da subxectividade, exemplificándoa nun
caso de ambigüidade extrema, o dun individuo
https://www.singala.eu/
https://www.singala.eu/
Ningún comentario:
Publicar un comentario