Autora: Inma López Silva
Editorial: Galaxia
Unha monxa, unha puta, unha moza colombiana e unha funcionaria de prisións comparten o módulo de mulleres dun cárcere e viven xuntas encerro, rebelións, lembranzas e emocións.
Editorial: Galaxia
Unha monxa, unha puta, unha moza colombiana e unha funcionaria de prisións comparten o módulo de mulleres dun cárcere e viven xuntas encerro, rebelións, lembranzas e emocións.
Así o relata Inma, a escritora que compartiu cela con elas e que non
se resiste a vencer a súa incapacidade para escribir contando a vida de
cando foron malas, unha historia que, pouco a pouco, se converte na
confesión e testamento literario da autora. Aqueles días en que eramos
malas é unha novela áxil e emocionante que transita entre a traxedia e a
comedia. O cárcere como un mundo descoñecido, situado nas marxes da
sociedade e da vida, no que existen víctimas, verdugos e, sobre todo,
historias vitais fascinantes. A novela máis ambiciosa de Inma López
Silva.
1 comentario:
Claudia C. 1BAC B
A autora preséntanos a cinco mulleres: Margot, Valentina, Sor Mercedes, Laura e Inma, que é a propia narradora. Son persoas moi valentes que tentan seguir adiante a pesar das complexas situacións nas que se atopan.
Margot é unha xitana que se introduce na prostitución tras ser repudiada pola súa familia. Persoalmente foi a personae que máis me gustou porque sufriu as inxustas consecuencias provocadas polas crenzas( na miña opinión demasiado tradicionais) do seu pobo de orixe.
Valentina é unha moza colombiana cun fillo froito dunha violación. Enganada cun futuro perfecto en España, accede a introducir droga no país. Foi a muller que máis tristura me fixo sentir porque penso que esta situación repítese moito hoxe en día, e sempre rematan mal aqueles que non poden defenderse; os máis débiles.
Sor Mercedes foi a que menos me gustou porque non podo chegar a entender que non se arrepinta dos delitos que cometeu.
Laura é unha muller moi nova que nos ensina a peor parte das parellas.
Inma, a nosa narradora, tras coñecer a súa durísima infacia, remata no cárcere e comeza a escribir a vida destas catro mulleres para evadirse da realidade. Paréceme moi impactante a infancia que tivo que vivir.
Encantoume este libro porque é distinto ao que estaba acostumada a ler. O fío que une ás cinco mulleres é o cárcere e, sinceramente, non estaba acostumada a atopar a maioría de personaxes femininos nun libro. Recoméndoo moitísimo.
Publicar un comentario