Editorial: Xerais, Colección Fóra de Xogo.
Genet Mullugueta naceu nunha aldea de North Wolloh en Etiopía. Dende
noviña o que máis lle gustaba era correr e correr polo ventre da
montaña. Mais a fame, a guerra e a figura do pai obrígana a acompañar a
súa nai e a pedir esmola polas rúas inseguras e caóticas de Addis Abeba.
Alí, vendendo panos nos cruzamentos, Genet coñeceu a Abebe, un médico e
voluntario da federación de atletismo que, sorprendido coa súa
resistencia e velocidade, lle propón adestrar en Meskel Square. Dende
entón, a súa vida mudará, como a doutras nenas, mozas e mulleres etíopes
que corren contra si mesmas sen fin.Corredora é unha historia colectiva
de superación deportiva. Recolle a tradición atlética de Etiopía na
busca activa de talentos entre as crianzas do rural ou empobrecidas nas
cidades.
Ningún comentario:
Publicar un comentario