Cine clube Padre Feijoo
Ciclo Imaxinario (Sesións diferentes ao habitual; 10, 15 de xaneiro, 2, 5 e 7 de febreiro).
Durante a ocupación das fábricas e as reivindicacións obreiras de finais
da década dos sesenta nas localidades francesas de Sochaux e Besançon,
un grupo de cineastas, liderado por Chris Marker, Jean-Luc Godard e
Bruno Muel, achegáronse a filmar aos activistas obreiros. O rexeitamento
que os filmes produciron nos obreiros levou aos realizadores militantes
a propoñerlles que se filmaran eles mesmos. Así xurdiron Os Grupos
Medvedkin, ou "Numax presenta" de Joaquin Jordá, e logo un cento de
cineastas que construíron un imaxinario social instituínte e autónomo...
como diría Edgar Morin
o imaxinario explícase de xeito que un homo sapiens é tamén un homo
demens. A sociedade críase ao través de imaxinarios sociais que
vinculan aos homes e mulleres e dan sentido ao seu accionar.
Así as relixións, ideoloxías ou as utopías políticas proporcionan
crenzas comúns que estruturan un vínculo social a través dun imaxinario
colectivamente compartido. Esas son precisamente parte das historias que
presentamos neste novo ciclo, unha serie de transformacións sobre o
real grazas á imaxinación.
Extra: IV Ciclo de cine e medicina
etc......................
Ningún comentario:
Publicar un comentario