28 decembro 2017

O Reino de Galiza no atlas de Al-Idrisi

O Reino de Galiza no atlas de Al-Idrisi, está considerado entre o século XII e o XIV o mapa máis preciso do mundo, elaborado polo máis importante xeógrafo do século XII, Abu AbdAllah Muhammad Al-Idrisi, recolle o Reino de Galiza. O ceutí mantén Galiza –espazo ocupado polo espazo cristián no territorio peninsular– e España –territorios do ámbito musulmán– como realidades diferentes.



É unha das grandes xoias da cartografía mundial. Considerado entre o século XII e XIV como o mapa máis preciso do mundo coñecido, estaba formadopor 70 follas que recollen unha profusa información dos continentes europeos, africanos e asiáticos. O mapa, orientado cara ao sur na tradición das cartas elaboradas polos arabés, tomou como fontes as propias experiencias viaxeiras do seu autor, as expedicións de investigación a zonas descoñecidas promovidas polos impulsores do traballo, as informacións achegadas por mariños achegados a Sicilia que eran sometidos a un cuestionario e a tradición cartográfica anterior, fose de orixe clásico ou árabe. Actualmente hai arredor de 10 copias do mesmo, sendo as máis importantes a depositada na BodleianLibrary de Oxford, a copia de Oxford datada no Cairo en 1456, e a custodiada na BibliothèqueNational de  Paris, realizada á volta do 1300 e que conserva 68 follas en cor, das 70 que conformaba o orixinal. A primeira das versións pódese consultar na propia páxina web da biblioteca francesa e a segunda nunha meticulosa edición realizada polo cartografo alemán KonradMiller en 1929. (...)
Segue lendo en:
http://www.sermosgaliza.gal/articulo/memoria/reino-galiza-atlas-idrisi/20171220171027064461.html

Ningún comentario: