Editorial: Xerais
Esta novela preséntanos a tres personaxes que narran en primeira persoa anacos
das súas vidas ou as súas vivencias. Son vidas marcadas polo desengano,
polo fracaso e, sobre todo, pola soidade. Teñen en común o feito de se
atoparen casualmente nunha fría estación de autobuses. Amanda,
unha moza de dezanove anos que traballa na estación; Uxío, un
rapaz rebelde e Luís, un vello profesor de
instituto.Outro fío de unión é a frase dunha cancións dos Rolling Stones (Angie): "When will those clouds all disappear?"... Cando desaparecerán esas nubes?...
1 comentario:
O libro que eu lin, Nubes de evolución, gustoume moito. Ao ser un libro de xénero xuvenil pensaba que ía tratar sobre a típica historia de amor con final feliz, mais sorprendeume a historia que creou a autora a partir dunha estación de autobuses e fíxome ver a importancia que moitas veces se lle pode dar a unha frase e o que pode influír nos sentimentos das persoas. Tamén me demostrou que unhas das cousas máis importantes para ser feliz é a compañía dos nosos seres queridos e non esa soidade que sentían os personaxes desta novela.
A parte que máis me gustou foi cando os tres personaxes intentan resolver os seus problemas cos seus familiares, amigos e alumnos. Por exemplo cando Uxío lle pide perdón á súa moza escribíndolle a canción dos Rolling Stones ``Angie´´ que describía perfectamente a súa relación.
Recomendo esta novela a rapaces a partir dos quince anos, xa que a súa lectura non é moi complexa e é moi entretida dende o comezo ata o final.
Publicar un comentario