14 decembro 2017

Un dente sen cadáver

Autor: Miguel Anxo Fernández
Editorial: Galaxia
Frank Soutelo, coa axuda da investigadora Dalia Maxino, enfróntase inesperadamente a un enigma: a aparición dun dente humano sen dono e de orixe descoñecida.
Nunha imprevista viaxe a Galicia para recoller unha herdanza, o detective
Ambos os asuntos -familiares e forenses- han acabar confluíndo nun complexo caso no que a violencia de xénero, a explotación sexual, a man de obra inmigrante e os escuros intereses inmobiliarios se mesturan con personaxes sinistros, coas mans emporcadas de sangue. Novamente, coa axuda do sarxento da municipal Franeiras, o sempre indignado ex-garda civil Poncio e a forzada colaboración do estricado funerario Sugar Jones, Soutelo descubrirá tamén un doloroso pasado vinculado co seu pai.

1 comentario:

Antía López Ucha dixo...

Un dente sen cadáver é un libro escrito por Miguel Anxo Fernández, publicado no 2016.
o que chama a atención neste libro é a maneira de contar a historia, xa que a meirande parte do libro son diálogos, o que desaproveita a descrición que Frank Soutelo podería facer dos ambientes, das personalidades,... e está narrado con verbos en pasado, o que non me gusta xa que cara ao final do libro, non poderá seguir usando está técnica e pasará a narrar en terceira persoa e con outra persoaxe, o que me parece unha solución desesperada.
É interesante observar como o autor trata temas como a explotación e a violencia de xénero con tanta naturalidade, como se fose algo habitual no seu día a día, algo que outros autores serían incapaces de facer.
a linguaxe empregada resulta fácil de comprender, xa que usa unha linguaxe popular, áinda que en moitos casos úsaa con demasiada rudeza, chegando a resultar desagradable.
O que máis me disgustou foi o uso excesivo de entradas de diálogo con puntos suspensivos, o que considero un recurso moi pobre na escrita.
A pesar disto, o libro é un bó exemplo de Novela Negra, cunha trama interesante, e cunha boa resolución do caso, logrando manter o misterio ata o final.