O libro divídese en dúas partes de extensión desigual, a primeira
titúlase “A Lenda”, abrangue aproximadamente cincuenta páxinas, e nela o
autor novela a lenda do apóstolo desde as súas orixes ata o nacemento
da cidade de Santiago de Compostela. A segunda, titulada “A cripta do
apóstolo”, constitúe o corpo da novela, e nela ofrécesenos a historia da
peregrinación dos catro amigos durante dúas semanas acompañados dun
misterioso e enigmático monitor. Xacobe, Paula, Jaume e Candela, e o resto dos seus compañeiros de clase,
protagonizan a aventura de percorrer o Camiño de Santiago durante
dezaseis días. Coa mochila ao lombo, combinando traxectos a pé e
desprazamentos en autocar, estes mozos e mozas peregrinos do século XXI
percorrerán un itinerario cultural fascinante que os levará dende
Somport, un porto de montaña no Pireneo de Aragón, situado preto da
fronteira francesa, deica a catedral de Compostela, onde está a cripta
do apóstolo. Mais no comezo da súa viaxe, un dos monitores que os
acompaña, un personaxe moi peculiar, alértaos de que un perigo sobrevoa a
cidade compostelá. Será certo?
Ningún comentario:
Publicar un comentario