A boca do monte mestura
acontecementos históricos coa vida dos personaxes xurdidos da
imaxinación. Unha viaxe longa, á época do imperio romano, no sur da provincia de Lugo, por terras de Quiroga,
máis concretamente no túnel de Montefurado. É unha historia sobre a nosa historia, sobre os nosos
devanceiros que foron esmagados por un imperio, o romano, ao que pouco
lle importaban as xentes de Galicia máis que como man de obra á que
escravizar. Pero malia a situación, sempre hai quen se rebela, sempre
hai quen pelexa pola súa liberdade. Unha viaxe pola Galicia de hai
moitos séculos. Pero tamén pola Roma imperial e grande que, tamen, puxo
as súas gadoupas na nosa terra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario