A película galega Dhogs gañou o premio
na categoría de Mellor Longametraxe na vixésimo segunda edición do
Festival de Cinema de Split (Croacia), celebrado este fin de semana. (18-09-17).
CONCEPTO 1 #DHOGSFILME from Gaitafilmes on Vimeo.
O filme, rodado en galego, é a ópera prima de Andrés Goteira –Meira
(Lugo)–, que corre a cargo tanto da súa dirección como do seu guión e
conta na súa repartición cun gran elenco de figuras do audiovisual de
Galicia como Antonio Durán ‘Morris’, Melania Cruz, Iván Marcos, Carlos
Blanco e Miguel de Lira, entre outros.
Dhogs é unha coprodución de Gaitafilms e PixelFilms e foi filmada en
varias localidades de Galicia como A Coruña, Viveiro (Lugo) e As Pontes
(A Coruña), así como no deserto de Tabernas (Almería).
A longametraxe conta a historia de varios personaxes peculiares (un
taxista, unha bela muller ou un exmilitar) que ven entrecruzadas as súas
vidas.
Dhogs,
estreada a finais de abril no Festival Internacional de Cinema
Independente de Buenos Aires, converteuse este verán na primeira
película en lingua galega en participar na sección oficial do Festival
de Cinema de Sitges.
Ningún comentario:
Publicar un comentario