Unha escritora ten dificultades para entrevistarse co director dunha
productora de cine e coñecer a súa opinión sobre un guión que lle
presentara. Cando finalmente o consegue, averigua que o seu texto nunca
lle fora entregado ao productor, quen identificará no argumento daquela
historia de sombras unha ameaza que lle resulta moi próxima á súa vida. A
investigación dese enigma unirá os mozos nunha historia de dous amantes sen esperanza. Unha obra de intriga, que nos
remite a un tempo de misterio, cando a xente cría no sobrenatural: a
morte que axexa, o meigo resucitado que desafía ao Apóstolo, a
Berenguela que anuncia a hora do demo.. Unha indagación sobre a memoria
dunha cidade que é un labirinto hermético sobre un mar de pedra: o
enfrontamento entre o ben e o mal, o mito do sepulcro que alumou dende
séculos a toda Europa. Un paseo, tamén, polos dilemas e as procuras de
espiritualidade. Unha narración concibida como forma de coñecemento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario