Nace o I Premio María Victoria Moreno
O Concello de Pontevedra e mais Urco
Editora presentaron onte a convocatoria da I Edición do Premio María
Victoria Moreno de Literatura Xuvenil. O novo certame, dotado con
4.000 euros e a publicación da obra da man de Urco, fallarase
durante a celebración do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de
Pontevedra, e está aberto a textos cunha extensión máxima de
250.000 caracteres. Con esta iniciativa as entidades organizadoras
queren homenaxear a autora á que se lle dedica o Día das Letras
neste 2018. O prazo de presentación está aberto ata o vindeiro 28
de febreiro.
En paralelo, Edicións
Xerais anunciou a edición dun cartel dedicado a autora. O pintor
Fino Lorenzo corre coa representación de María Victoria Moreno nun
traballo que recolle tamén as obras da homanexeada que están
publicadas por esta editorial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario