Celsius Pictor, María Pascual de la Torre, 
Víctor Coyote e Juan Berrio son os autores convidados á segunda edición 
de Allariz Debuxado. O encontro de ilustración que se desenvolve na Vila
 do Arnoia desenvolverase entre o 26 e o 27 de xaneiro próximos cun 
programa que se amplía e inclúe por vez primeira unha Feira da 
Ilustración. Este novo espazo permitirá a venda e presentación de 
produtos vencellados á ilustración. Ademais o espazo Bencomún acollerá 
encontros con autores e haberá actividades de animación de rúa.
 Dentro do programa, ademais dos relatorios que impartirá cada un dos 
convidados, inclúese unha mesa redonda sobre "A aventura de publicar o 
primeiro libro", que contará con intervencións de Jorge Campos, Mariana 
Aravena, Lidia Noko Noko, Xulia Pisón e Sonia García Vidal. A exposición
 As doce probas de Heracles de Celsius Pictor na galería circular completa o programa do evento.
http://www.culturagalega.org/bd/
Ningún comentario:
Publicar un comentario