Samarúas bota a andar con Prólogo, A banda folk presenta este mes de xaneiro 2018 o seu primeiro disco.
Tardaron case seis anos,
e moitos concertos, en entrar no estudio de gravación. Samarúas
acaba de presentar este mes de xaneiro Prólogo, o seu primeiro álbum
autoeditado. Sete temas compoñen este lanzamento que aposta polo
instrumental, con só tres temas cantados que adaptan poemas de Celso
Emilio Ferreiro, Xosé Iglesias e unha letra propia. A formación
achega un son complexo que combina "temas propios cos
tradicionais nun folk fresco con personalidade propia" mercé ao
traballo dos seus sete membros. Miguel Vázquez (Gaita e saxo),
Antonio Prado (Percusión), Tania Caamaño (Voz e percusión), Fran
Barcia (Acordeón), María Blanco (Violín), Carlos Barcia (Guitarra)
e Isaac Pérez (Batería). O álbum ten como capa unha obra de
Manfred Gnädinger Man.
Ningún comentario:
Publicar un comentario