18 febreiro 2018

The Homens

"Calamar" de The Homens.

 
Tivo os seus inicios sobre o ano 2004 na Casa Xurásica de Compostela, no mesmo ambiente doutras bandas como Samesugas ou Fame Neghra. Os seus compoñentes tiñan experiencia en grupos como os propios Fame Neghra, Street Fighter ou Stay Pretty, en liñas próximas ao garage ou ao hardcore. Porén, a formación da banda supón a adopción dun estilo moito máis próximo ao powerpop, con puntuais influencias de post-core e britpop. A súa aposta musical toca dous vértices: a posibilidade de facer música pop sen complexos en lingua galega, e o compromiso coa libre difusión da cultura. Neste último sentido, a inmensa maioría dos seus traballos pode ser descargado de balde da súa propia páxina web, baixo licenzas Creative Commons.
O seu primeiro traballo, o EP The Homens sae á luz no verán de 2005, en formato mp3. En menos dun ano, seguirá outro EP, The Homens #2.  O ano 2006, co lanzamento do novo traballo, supón un aumento da popularidade e da actividade do grupo, que chega a dar uns 30 concertos pola Galiza, visitando tamén varios festivais en Portugal. A súa canción "Sandra Dee" quedará entre as dez primeiras do concurso A polo ghit e o EP será escollido polos lectores da Sono-tone como un dos cinco mellores traballos do ano.
A principios de 2007 o grupo participa do disco homenaxe a Andrés do Barro Manifesto Dobarrista, coa canción "Con máis amor".
No ano 2007, sacan á luz o seu primeiro traballo longo Tres,  será escollido como o segundo mellor traballo de 2007 polos lectores da Sono-tone. O grupo continuou o seu traballo con multitude de concertos por todo país, así como en Portugal, Alemaña, Euskadi ou Cataluña.
A comezos do 2008, e xunto con Samesugas, unha banda coa que comparten comezos e boas relacións, sacan en vinilo o EP conxunto The Homens Vs. Samesugas, no que ambos grupos intercambian versións e inclúen temas novos. Finalmente no nadal do 2009 presentan o seu último disco, na Sala Nasa de Santiago de Compostela xunto con Novedades Carminha, que leva por título Cuarta potencia novamente gravado nos estudios Ultramarinos Costa Brava no verán do 2009.

Ningún comentario: