Autores: Lino Braxe e Ana Pontón.Ilustracións de Xosé Cobas. Editorial: Everest Galicia.
«Este Ulises de Ana Pontón e Lino Braxe vén ser unha adaptación humorística para o teatro escolar d’A Odisea que recrea e reinventa a obra de Homero. Un traballo conxunto que deu como resultado unha actividade moi interesante e, sobre todo,unha lectura moi divertida.»
«Ulises e Penélope,así como o elenco que os acompaña, amosan unha imaxe diferente á das ríxidas figuras gregas ás que estamos afeitos, pero é unha imaxe que os aproxima aos lectores,tanto pola linguaxe que empregan–ocorrente, descarada e vulgar– coma por determinados comportamentos e pensamentos anacrónicos.»
«A esencia do poema épico orixinal, o seu tema e o seu argumento mantéñense nesta peza teatral»
Ningún comentario:
Publicar un comentario